O pasado sábado 11 de xullo o animado grupo da “ANPA As Loiras” de Catoira (Pontevedra) achegouse a Padrón para coñecer de preto a riqueza patrimonial de Padrón. Logo de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, o grupo participou na visita guiada promovida polo departamento de Turismo de Padrón. Durante a xornada, a rapazada e as persoas acompañantes desfrutaron das particularidades deste icónico Xardín.
As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.