20. XARDÍN BOTÁNICO
Benvidos/as ao Xardín Botánico - Artístico de Padrón
IMG_3970 - copia
IMG_3851
IMG_4257
previous arrow
next arrow

Busca a túa especie

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

Natureza na súa máxima expresión

Descobre o catálogo de especies do Xardín Botánico–Artístico de Padrón, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1946.

A documentación máis antiga do Xardín Botánico–Artístico de Padrón data do ano 1869, por tanto está considerado un dos primeiros xardíns da xeografía española.

Cunha extensión de aproximadamente 1 hectárea, o Xardín preserva arredor de 300 especies, varias delas están presentes no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras: a palmeira do Senegal, as dúas sequoias vermellas, a coroa de Cristo, o carballo fastixiado e o castiñeiro de Indias.

Últimas novas

Normas das Visitas ao Xardín Botánico

  • A oficina de turismo realiza visitas abertas ao público na tempada de verán. Preguntar horarios nesa época.
  • No resto do ano realízanse visitas guiadas a grupos (centros educativos, asociacións,…) cun número mínimo de 10 participantes e un número máximo de 35 participantes para centros escolares e 50 para grupos de adultos, por motivos de espazo.
  • Será necesaria a reserva previa e a confirmación por parte da oficina de turismo de Padrón.
  • As persoas participantes das visitas deberán cumprir as normas de respecto e coidado das instalacións do xardín.
  • A actividade é de balde e realízanse en galego ou castelán.
NOTA: Debido á emerxencia sanitaria polo COVID-19 o límite máximo de participantes será de 19 persoas. 

Reserva a túa visita

    Padron Slogan

    Contacto

    Oficina de Turismo de Padrón

    Avenida Compostela s/n
    15900 Padrón – A Coruña
    + 34 646 593 319

    turismo@padron.gal

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies