Padrón pecha con éxito as visitas guiadas deste verán ao Xardín Botánico

Preto de 90 persoas participaron nas visitas guiadas ao Xardín Botánico de Padrón durante os meses de xullo e agosto. Tendo en conta as particulares circunstancias vividas este verán con motivo da pandemia do Covid-19, o equipo de Turismo de Padrón valora de xeito positivo a participación na actividade, que en todo momento se levou adiante coidando escrupulosamente as medidas sanitarias de seguridade.

Ademais das visitas guiadas, existen outras accións de divulgación do Xardín nas que desde o concello de Padrón se está a traballar, como a creación da páxina https://xardinbotanico.padronturismo.gal onde é posible acceder a información do Xardín (catálogo de especies, novas do Xardín, descargas de material divulgativo, visitas, contacto…), e a sinalización das principais especies.

A penúltima visita ao Xardín Botánico de Padrón e a súa boa acollida

O pasado sábado tivo lugar a penúltima visita programada ao Xardín Botánico Artístico de Padrón e contou cunha importante participación. Un total de once persoas, procedentes de A Coruña, Noia, A Estrada, Pontecesures e Vigo puideron coñecer dun xeito máis próximo algunha das xoias botánicas e monumentais que aquí se atopan.

As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

A conciliación de verán visita o Xardín Botánico

Unha quincena de rapaces e rapazas do programa de conciliación do centro ocio padronés Barallocas participaron o pasado martes das visitas guiadas ao Xardín Botánico-Artístico de Padrón que o departamento de Turismo do Concello de Padrón ten programadas para este verán.

A rapazada, con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos, amosou unha grande expectación durante toda a actividade e participou activamente formulando preguntas e compartindo as súas impresións sobre os aspectos que máis lles chamaron a atención da visita.

As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

A excursión da ANPA As Loiras de Catoira a Padrón

O pasado sábado 11 de xullo o animado grupo da “ANPA As Loiras” de Catoira (Pontevedra) achegouse a Padrón para coñecer de preto a riqueza patrimonial de Padrón.  Logo de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, o grupo participou na visita guiada promovida polo departamento de Turismo de Padrón. Durante a xornada, a rapazada e as persoas acompañantes desfrutaron das particularidades deste icónico Xardín.

As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

Comezan as visitas guiadas ao Xardín Botánico Artístico de Padrón

Preto de unha quincena de persoas participaron na primeira das visitas guiadas ao Xardín Botánico-Artístico de Padrón, unha cita que tivo lugar o pasado sábado 4 de xullo. Esta  actividade, que gozou de boa acollida por parte das persoas participantes, está enmarcada nas liñas de acción do Plan de Reactivación do Sector Comercial e Turístico que o Concello de Padrón vén de deseñar tras a crise sanitaria do Covid-19.

As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies