O Xardín Botánico Artístico de Padrón únese á rede de destinos Observer con interese científico

Dende o pasado mes de xaneiro, o Xardín Botánico Artístico de Padrón suma aos seus innumerables recoñecementos a certificación Observer para espazos singulares. Tal e como subliña a concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, “trátase dun selo de calidade que recoñece tanto o seu alto valor natural como o seu óptimo estado de conservación ou as facilidades que ofrece para coñecelo e visitalo, todas elas circunstancias que lle permiten sumarse á Rede de destinos Observer con interese científico”.

Entre os puntos fortes do Xardín botánico padronés, a certificación Observer salienta a simbiose entre natureza e cultura con “numerosas especies botánicas catalogadas como singulares e multitude de puntos de interese que fan referencia a autores locais que definiron a historia de Galicia”. Tamén destaca as “coidadosas” medidas de conservación do parque e a “abundante información dispoñible” na páxina web de Turismo de Padrón e no propio parque, que conta con códigos QR situados nas principais localizacións.

Outro dos puntos nos que incide a certificación é a realización de visitas guiadas e de actividades para os colexios, subliñando a aposta por empresas da zona para levalas a cabo.

A inclusión do Xardín botánico artístico de Padrón na rede de destinos Observer con interese científico enmárcase nas accións que está a desenvolver a Concellaría de Turismo para promocionar o patrimonio padronés en todos os ámbitos e atraer visitantes con perfís específicos, contribuíndo tamén á creación de novos produtos e á desestacionalización. Ademais, apunta a concelleira Lorena Couso, “queremos que a xente de Padrón coñeza cada vez mellor os excelentes recursos cos que contamos, que se sinta orgullosa deles e os desfruten”.

Observer é unha entidade certificadora especializada en sistemas de calidade para empresas e destinos de turismo científico e conta na actualidade con máis de 400 destinos recoñecidos en toda España, na súa maioría en Galicia. Entre os seus obxectivos atópase precisamente o de contribuír a impulsar espazos, na maioría das ocasións pouco coñecidos, de gran interese científico para outorgarlle maior visibilidade.

Padrón inviste na mellora da sinalización do Xardín Botánico-Artístico

O Xardín Botánico-Artístico de Padrón estrea sinalización. O Concello instalou un total de 50 placas ao lado das distintas especies que constitúen este xardín para identificalas. Nos paneis aparece o nome en galego e o nome científico da planta e ademais inclúese un código QR que conduce á páxina web https://xardinbotanico.padronturismo.gal/es/. Nesta dirección os usuarios e usuarias poderán ampliar a información e descargar fichas técnicas das especies.

Con estas 50 sinalizacións completase a primeira fase dun proxecto que seguirá executándose nos vindeiros meses. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, sinalou que “malia que pola pandemia da Covid-19 tivemos que parar as visitas guiadas a este Xardín, este constitúe un dos principais reclamos de Padrón para turistas, peregrinos e visitantes. Por tanto dende o Executivo seguiremos actualizando e mellorando os recursos deste espazo”. 

O equipo do departamento de Turismo do Concello de Padrón elaborou unha extensa guía con todas as especies que dan forma a paisaxe deste enclave único do municipio. O catálogo distingue cinco categorías –especies singulares, especies monumentais, especies conmemorativas, por descubrir e elementos monumentais-. Este arquivo é o resultado dun minucioso traballo realizado polos técnicos de turismo de Padrón.

O xardín Botánico-Artístico de Padrón, declarado Ben de Interese Cultural en 1946, é un dos principais reclamos da localidade polo amplío abanico de especies que contén e porque está considerado como un dos principais xardíns da xeografía española. Ten unha extensión de aproximadamente unha hectárea e preserva preto de 300 especies, algunhas tan singulares como a palmeira de Senegal, a coroa de Cristo, o castaño de Indias, o carballo fastixiado ou a sequoia vermella-.

Padrón pecha con éxito as visitas guiadas deste verán ao Xardín Botánico

Preto de 90 persoas participaron nas visitas guiadas ao Xardín Botánico de Padrón durante os meses de xullo e agosto. Tendo en conta as particulares circunstancias vividas este verán con motivo da pandemia do Covid-19, o equipo de Turismo de Padrón valora de xeito positivo a participación na actividade, que en todo momento se levou adiante coidando escrupulosamente as medidas sanitarias de seguridade.

Ademais das visitas guiadas, existen outras accións de divulgación do Xardín nas que desde o concello de Padrón se está a traballar, como a creación da páxina https://xardinbotanico.padronturismo.gal onde é posible acceder a información do Xardín (catálogo de especies, novas do Xardín, descargas de material divulgativo, visitas, contacto…), e a sinalización das principais especies.

A penúltima visita ao Xardín Botánico de Padrón e a súa boa acollida

O pasado sábado tivo lugar a penúltima visita programada ao Xardín Botánico Artístico de Padrón e contou cunha importante participación. Un total de once persoas, procedentes de A Coruña, Noia, A Estrada, Pontecesures e Vigo puideron coñecer dun xeito máis próximo algunha das xoias botánicas e monumentais que aquí se atopan.

As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

A conciliación de verán visita o Xardín Botánico

Unha quincena de rapaces e rapazas do programa de conciliación do centro ocio padronés Barallocas participaron o pasado martes das visitas guiadas ao Xardín Botánico-Artístico de Padrón que o departamento de Turismo do Concello de Padrón ten programadas para este verán.

A rapazada, con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos, amosou unha grande expectación durante toda a actividade e participou activamente formulando preguntas e compartindo as súas impresións sobre os aspectos que máis lles chamaron a atención da visita.

As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

A excursión da ANPA As Loiras de Catoira a Padrón

O pasado sábado 11 de xullo o animado grupo da “ANPA As Loiras” de Catoira (Pontevedra) achegouse a Padrón para coñecer de preto a riqueza patrimonial de Padrón.  Logo de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, o grupo participou na visita guiada promovida polo departamento de Turismo de Padrón. Durante a xornada, a rapazada e as persoas acompañantes desfrutaron das particularidades deste icónico Xardín.

As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

Comezan as visitas guiadas ao Xardín Botánico Artístico de Padrón

Preto de unha quincena de persoas participaron na primeira das visitas guiadas ao Xardín Botánico-Artístico de Padrón, unha cita que tivo lugar o pasado sábado 4 de xullo. Esta  actividade, que gozou de boa acollida por parte das persoas participantes, está enmarcada nas liñas de acción do Plan de Reactivación do Sector Comercial e Turístico que o Concello de Padrón vén de deseñar tras a crise sanitaria do Covid-19.

As visitas guiadas ao Xardín, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá), son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

Padrón anima a tempada estival ofrecendo visitas guiadas ao seu Xardín Botánico Artístico

Visitas guiadas Xardín 2020

Durante este verán, o Concello de Padrón ofrece visitas guiadas ao Xardín Botánico-Artístico coa finalidade de promocionar e dar a coñecer o seu valor patrimonial entre a veciñanza e as persoas visitantes que durante esta época se achegan á vila. Esta actividade ampárase no marco do Plan de Reactivación do Sector Comercial e Turístico que o Concello de Padrón vén de deseñar tras a crise sanitaria do Covid-19.

As visitas guiadas, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá) son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes  é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.

Padrón destaca 50 especies naturais do seu Xardín Botánico-Artístico coa creación das fichas técnicas específicas

O Concello de Padrón vén de crear cincuenta fichas técnicas das especies máis destacadas do Seu Xardín Botánico-Artístico. As fichas, que recopilan información detallada de interese das especies, así como a ubicación, ilustracións e fotografías, están dispoñibles en formato descargable na páxina web do Xardín Botánico, insertada dentro da web de Padrón Turismo.

Padrón xa conta cunha web específica do seu Xardín Botánico-Artístico

O Concello de Padrón vén de crear unha web específica do Xardín Botánico Artístico coa que pretende dar maior visibilidade a este elemento patrimonial, declarado Ben de Interese Turistico no ano 1946.

A web, que estará aloxada dentro da propia de Padrón Turismo (padronturismo.gal), conta con información xeral do Xardín e dos seus elementos naturais e escultóricos, así como datos específicos das súas especies máis representativas. Ademáis, tamén garda un espazo dirixido á rapazada e á comunidade escolar, un tipo de público interesado especialmente nas visitas guiadas ao Xardín que, dende agora pode acceder a arquivos educativos descargables deste espazo natural.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies