As dúas sequoias son os exemplares de maior dimensión do Xardín. Están dedicadas a dous dos nosos ilustres escritores: a Sequoia de Macías O Namorado, na honra do trobador medieval nado en Padrón, e a Sequoia de Rosalía de Castro, na honra da nosa escritora máis universal que, residindo na última etapa da súa vida na casa da Matanza de Padrón (hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro), acudía asiduamente ao Xardín e baixo a sombra da sequoia compuxo algún dos seus poemas.