Durante este verán, o Concello de Padrón ofrece visitas guiadas ao Xardín Botánico-Artístico coa finalidade de promocionar e dar a coñecer o seu valor patrimonial entre a veciñanza e as persoas visitantes que durante esta época se achegan á vila. Esta actividade ampárase no marco do Plan de Reactivación do Sector Comercial e Turístico que o Concello de Padrón vén de deseñar tras a crise sanitaria do Covid-19.
As visitas guiadas, que se realizan durante os meses de xullo e agosto (todos os sábados ás 11.00h da mañá) son de balde e requiren de inscrición previa na Oficina de Turismo de Padrón, no teléfono +34 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal. O número máximo de participantes é limitado (19 persoas por visita), atendendo ás normas de seguridade para a prevención do Covid-19.