Especie única en Galicia, atrae a atención dos visitantes pola súa peculiar forma de coroa de espiñas. Está rodeada de misticismo, por iso tamén é chamada a “árbore do amor” (polas súas follas en forma de corazón) ou a “árbore de Xudas” (por ser identificada como a árbore na que este apóstolo se colga tras traizoar a Xesucristo).